Benvido á sede electrónica do
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Desde este espazo queremos facer a nosa xestión máis accesible e máis sinxela e próxima, ao tempo que facilitamos os trámites e a túa relación co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o máximo posible. Podes atopar unha copia dos procedementos xa realizados por ti ou a túa organización, así como o acceso aos procedementos máis comúns co Colexio e formularios para o seu procesamento en Internet. Agardamos que vos resulte útil.Para iso, creamos a Sede Electrónica, que facilita ás persoas o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento dos seus deberes, eliminando as barreiras que limitan o acceso á información relacionada coa entidade e proporcionan un xeito rápido de levar a cabo determinados trámites desde onde estás..

Carpeta persoal do Colexio Oficial de Psicoloxía

Comproba os teus ficheiros, os teus rexistros e as túas notificacións. ACCEDE Á CARPETA

Acceda ao Rexistro Telemático do Colexio

Se desexas enviar unha solicitude, podes realizalo na nosa OFICINA VIRTUAL DE PROCEDEMENTOS CATÁLOGO DE PROCEDEMENTOS

Taboleiro de anuncios

Consulte las publicaciones en el tablón ACCEDER AL TABLON

STOP INTRUSISMO COPG. Formulario Denuncia Intrusismo

DENUNCIA COMISIÓN INTRUSIMO

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou a Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo co obxectivo de fomentar e potenciar o recoñecemento da psicoloxía como profesión necesaria na sociedade que entre outras metas pretende erradicar a proliferación das pseudoterapias, pseudociencias ou prácticas non reguladas de profesionais doutros ámbitos e que realizan actividades propias da dos e das profesionais da psicoloxía. É un labor de todos e todas contribuír a eliminación do instrusismo como un problema que pode poñer en risco a saúde dos usuarios e usuarias. Para o exercicio da profesión é requisito estar inscrito no Colexio Profesional de Psicoloxía correspondente segundo a comunidade autónoma na que exerza, tal e como indica o artigo 3.2 da Lei 2/1974, de 13 de febreiro e a súa reforma na Lei 25/2009, de 22 de decembro (Lei Ómnibus). No caso de ter coñecemento dalgún caso de intrusismo, agradecemos a túa colaboración, comunicándoo ao Colexio a través do seguinte enlace COMEZAR

CONSULTA CED

A Comisión de Ética e Deontoloxía comunica que como forma de espallar o código ético da nosa profesión e para facilitar unha mellor comunicación, ponse a disposición dos/as profesionais e estudantes de Psicoloxía a posibilidade de trasladar consultas sobre dilemas éticos non xurídicos ou dúbidas que se presente na práctica da Psicoloxía, tendo en conta que as respostas en ningún caso serán vinculantes e a decisión da mellor opción a levar a cabo será sempre responsabilidade da persoa que realiza a consulta. COMEZAR

REGULAMENTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa xuntanza ordinaria do 23 de xaneiro de 2021 aproba o seguinte regulamento, que será sometido a audiencia pública nos termos do artigo 133 da Lei 39/2015 para todas as persoas colexiadas durante o prazo dun mes. Regulamento

Validación de documentos

Se recibiu copia en papel dun documento desta Administración, poderá comprobar a súa validez e autenticidade.

Validar CSV

Certificado dixital

do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia      

Que é?

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estárecoñecido como Autoridade de Rexistro para a emisión de certificados dixitais, que permite que as persoas colexiadas poidan identificarse e asinar mediante a sinatura electrónica cualificada.

Para que podo utilizalo?

O certificado do COPG identifícate como psicólogo/a colexiado/a. Podes empregalo no teu ámbito laboral (asinando informes, facturas, trámites coa administración pública, etc.) ou no colexial (xestións a través da sede electrónica).

É obrigatorio?

Non, existen outras certificacións dispoñibles (como a da Fábrica de Moneda e Timbre), pero esta é a única oficial que te identifica como psicólogo/a.

Usos no eido profesional

Para trámites coa Administración (impostos,Seguridade Social, vida laboral....) Asinar informes, certificados, etc. Asinar facturas ou contratos.

Usos no eido persoal

Para trámites coa Administración (Concello, Axencia Tributaria, Xunta de Galicia....) Obtención do certificado de delitos de natureza sexual. Asinar outros documentos e solicitudes.

Usos no eido colexial

Trámites co COPG a través da sede electrónica incluídos no catálogo de procedementos. Sinatura de documentacióin e solicitudes.

Como se solicita?

20/+IVE por ano.
  • Cubre o formulario para solicitalo dispoñible na web.
  • A continuación, solicita cita previa presencial no COPG, xa que a primeira tramitación é imprescindible a personación para a sinatura e identificación
  • Será preciso presentar DNI, NIE ou pasaporte en vigor.
Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 2 Gallery Thumb 3 Gallery Thumb 4
Para máis información visite a nosa páxina webcopgalicia.gal